Lembranza

APOIA E ESPALLA 
O PASAMENTO LAICO

Exemplo de texto para a Lembranza (Exequias, 2) :

Amigas e amigos :

Reunímonos hoxe aquí para darmos a despedida ao corpo de ……………………e un sentimento de tristura mergulla as nosas cabezas e entolda as nosas mentes. É natural poisque nos atrista a súa desaparición física e sabemos o moito que  habemos botar en falta a súa presenza. Mais, ao tempo, a constancia de sermos moitas as persoas que lle queriamos e que lle queremos prodúcenos a ledicia de   evocarmos con  agarimo e alegría a súa figura, de nos sentirmos contentos ao estar agora, coma sempre, na súa irmandade.
Porque sabemos tamén que …………………….non vai estar ausente entre nós. Seguirá vivindo sempre  nas nosas lembranzas, nas nosas angueiras, nos nosos afáns. O seu exemplo estimularanos para seguir traballando por un mundo mellor, máis xusto e máis solidario.
Non lle cómpren a este  acto senón breves e sinxelas palabras.


E toda a calor e a forza compañeira dos nosos corazóns.